Muinhada é un evento organizado pola Asociación Cultural «A Chalana Cultural de Minho». Muinhada naceu como un proxecto que pretende fusionar pasado e futuro, recollendo a esencia dunha romaría tradicional para fusionala cos tempos actuais. A organización busca que as persoas asistentes leven a súa propia comida pero tamén se da posibilidade de mercar un xantar vegano/vexetariano. A romaria desenvolvese durante todo un día con diversas actividades nunha entorna medio-ambiental excepcional (rota dos muiños do Río Medio e beiras do Río Lambre) e busca, no cultural, poñer en valor os e as artistas da comarca.